RAIOLECTORES Febreiro 2012 on PhotoPeach
13 feb 2012
CLUB DE LECTURA. Febreiro 2012
Neste mes de febreiro o club Raiolectores iniciamos unha nova lectura: "Palabras de caramelo". Non é a primeira vez que eliximos este libro, foi co que inauguramos o noso club de lectura e nesa ocasión xa intercambiamos correos co seu autor, Gonzalo Moure. Agora imos ter a gran sorte de que o día 8 de marzo recibiremos a súa visita no colexio. Seguro que gozaremos moito coa lectura deste libro e moito máis aínda sabendo que imos ter a posibilidade de falar co seu escritor, que ademáis é coordinador do proxecto "Coñecernos para querernos" no que participamos xunto con outras Bibliotecas Escolares de Ferrolterra.
11 dic 2011
12 jun 2011
DESPEDIDA CLUB DE LECTURA 2010/2011

Esta semana tivemos a última reunión do Club de Lectura deste curso 2010/2011. Fixemos unha posta en común das nosas impresións despois da lectura do libro de Antón Cortizas:
"O Conto dos sete medos".
A todos os membros do club pareceunos un libro moi divertido e ameno e serviunos de punto de partida para que cada un de nós contara os seus propios medos. Chegamos á conclusión de que todos temos medos e algúns ben extravagantes...
22 abr 2011
Novo título para o club de lectura: "O CONTO DOS SETE MEDOS"

Comezamos unha nova lectura: Preparados, listos, xa: "O conto dos sete medos"
O seu autor: Antón Cortizas.
A próxima xuntanza á volta das vacacións de Semana Santa.
15 feb 2011
Xuntanza "Raiolectores"

O venres día 4 xuntámonos na Biblioteca para falar de libros: "O misterio dos fillos de Lúa" e "Operación yogur",
Intercambiamos opinións e impresións sobre o seu argumento; algúns membros do club fixeron uns fermosos debuxos, tamén vimos uns vídeos relacionados, e ata cantamos unha canción sobre alimentación saudable.
Foi unha xornada moi interesante!!!
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:
8 dic 2010
LECTURAS DECEMBRO
"Operación yogur" e "O misterio dos fillos de Lúa"
Dúas novas propostas para este mes de Decembro e novos membros que se incorporan ao Club de Lectura.
Eleximos o libro, colocamos a pegatina no caderno de anotacións, e preparados, listos, xa...
Comeza unha nova aventura!!!
28 may 2010
DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA (2009/2010)
Esta semana celebramos a última reunión do Club de Lectura, neste curso 2009/2010. O libro escollido foi "La canción de Amina". As responsables do Club preparamos unha ambientación especial na biblioteca relacionada co lugar onde se desenvolve a novela, unha tribo marroquí. Despois dos comentarios e posta en común, vimos un documental sobre a forma de vida e os costumes destas tribos do deserto e bailamos ao son da súa música. Foi moi divertido. Rematamos cunha merenda.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)