Blog dO CLUB DE LECTURA do CEIP de Andrade/Pontedeume.
27 may 2012
DESPEDIDA CLUB DE LECTURA 2011/2012
O xoves 24, tivemos a última xuntanza do club de lectura Raiolectores para este curso 2011/2012. Contamos coa presenza de Yiya, que nos falou da súa experiencia nos campamentos de refuxiados Saharauis de Tinduf. Os membros do club contáronlle o argumento do libro de Gonzalo Moure "Palabras de Caramelo" e falamos das diferentes impresións que nos provocou a súa lectura. Para rematar, limos algunhas das cartas que nos enviaron as nenas e nenos saharauis cos que estamos levando a cabo o proxecto "Coñecernos para querernos". Desde aquí queremos desexarlles aos alumnos e alumnas de 6º curso, que o ano que ven estarán no instituto, moita sorte na súa nova andadura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario