27 may 2012
30 abr 2012
RECIBIMOS A VISITA DE GONZALO MOURE.
Para comezar, recordamos un correo que Gonzalo enviou ao noso club de lectura cando o inauguramos e limos por primeira vez o seu libro “Palabras de Caramelo”.
Para agradecerlle os momentos tan bos que pasamos lendo os seus libros, e como ademais era o día Internacional da Muller, limos unha reseña dedicada a unha muller moi especial para él, a súa nai.
Para rematar a presentación, cantamos todos xuntos, como homenaxe a ese fermoso proxecto que é “Coñecernos para querernos”, a canción “Mano con mano buscando el Bubisher”.
Despois chegou o turno de Gonzalo, contounos un montón de cousas sobre os seus libros e a súa vida. As súas experiencias no Sahara, que inspiraron moitas das súas obras, e ese proxecto do Bubisher. Tantas historias interesantes...
Foi moi emocionante, porque Gonzalo sabe transmitir de "corazón a corazón".
Moitas grazas e ata pronto!!!

7 mar 2012
PRESENTAMOS OS LIBROS DE GONZALO MOURE AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE.
Durante estos días previos á visita de Gonzalo Moure os membros do club de lectura iremos presentando, no Recanto dos Contos, algúns dos seus libros.
Comezamos con "El mejor amigo del perro" .
Para presentar o libro: "La rara amistad del tío Jonás" fíxemos unha pequena representación teatral.
"Nacho Chichones"
13 feb 2012
CLUB DE LECTURA. Febreiro 2012
Neste mes de febreiro o club Raiolectores iniciamos unha nova lectura: "Palabras de caramelo". Non é a primeira vez que eliximos este libro, foi co que inauguramos o noso club de lectura e nesa ocasión xa intercambiamos correos co seu autor, Gonzalo Moure. Agora imos ter a gran sorte de que o día 8 de marzo recibiremos a súa visita no colexio. Seguro que gozaremos moito coa lectura deste libro e moito máis aínda sabendo que imos ter a posibilidade de falar co seu escritor, que ademáis é coordinador do proxecto "Coñecernos para querernos" no que participamos xunto con outras Bibliotecas Escolares de Ferrolterra.
RAIOLECTORES Febreiro 2012 on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)