27 may 2012

DESPEDIDA CLUB DE LECTURA 2011/2012


O xoves 24, tivemos a última xuntanza do club de lectura Raiolectores para este curso 2011/2012.
Contamos coa presenza de Yiya, que nos falou da súa experiencia nos campamentos de refuxiados Saharauis de Tinduf.
Os membros do club contáronlle o argumento do libro de Gonzalo Moure "Palabras de Caramelo" e falamos das diferentes impresións que nos provocou a súa lectura.
Para rematar, limos algunhas das cartas que nos enviaron as nenas e nenos saharauis cos que estamos levando a cabo o proxecto "Coñecernos para querernos".
Desde aquí queremos desexarlles aos alumnos e alumnas de 6º curso, que o ano que ven estarán no instituto, moita sorte na súa nova andadura. 


Foi un pracer compartir lecturas con todos vós.


 



30 abr 2012

RECIBIMOS A VISITA DE GONZALO MOURE.

Para comezar,   recordamos un correo que Gonzalo enviou ao noso club de lectura cando o inauguramos e limos por primeira vez o seu libro “Palabras de Caramelo”.

Para agradecerlle os momentos tan bos que pasamos lendo os seus libros, e como ademais era o día Internacional da Muller, limos unha reseña dedicada a unha muller moi especial para él, a súa nai.

Para rematar a presentación, cantamos todos xuntos, como homenaxe a ese fermoso proxecto que é “Coñecernos para querernos”, a canción “Mano con mano buscando el Bubisher”. 


Despois chegou o turno de Gonzalo, contounos un montón de cousas sobre os seus libros e a súa vida. As súas experiencias no Sahara,  que inspiraron moitas das súas obras, e ese proxecto do Bubisher. Tantas historias interesantes... 
Foi moi emocionante, porque Gonzalo sabe transmitir de "corazón a corazón".  
Moitas grazas e ata pronto!!!

7 mar 2012

PRESENTAMOS OS LIBROS DE GONZALO MOURE AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE.

Durante estos días previos á visita de Gonzalo Moure os membros do club de lectura iremos presentando, no Recanto dos Contos, algúns dos seus libros.

 
Para presentar o libro: "La rara amistad del tío Jonás" fíxemos unha pequena representación teatral.



"Nacho Chichones"


13 feb 2012

CLUB DE LECTURA. Febreiro 2012

Neste mes de febreiro o club Raiolectores iniciamos unha nova lectura: "Palabras de caramelo". Non é a primeira vez que eliximos este libro,  foi co que inauguramos o noso club de lectura e  nesa ocasión xa intercambiamos correos co seu autor, Gonzalo Moure. Agora imos ter a gran sorte de que o día 8 de marzo recibiremos a súa visita no colexio. Seguro que gozaremos moito coa lectura deste libro e moito máis aínda sabendo que imos ter a posibilidade de falar co seu escritor, que  ademáis é  coordinador do proxecto "Coñecernos para querernos" no que participamos xunto con outras Bibliotecas Escolares de Ferrolterra. 

RAIOLECTORES Febreiro 2012 on PhotoPeach


12 jun 2011

DESPEDIDA CLUB DE LECTURA 2010/2011





Esta semana tivemos a última reunión do Club de Lectura deste curso 2010/2011. Fixemos unha posta en común das nosas impresións despois da lectura do libro de Antón Cortizas:

"O Conto dos sete medos".
A todos os membros do club pareceunos un libro moi divertido e ameno e serviunos de punto de partida para que cada un de nós contara os seus propios medos. Chegamos á conclusión de que todos temos medos e algúns ben extravagantes...



22 abr 2011

Novo título para o club de lectura: "O CONTO DOS SETE MEDOS"


Comezamos unha nova lectura: Preparados, listos, xa: "O conto dos sete medos"


O seu autor: Antón Cortizas.


A próxima xuntanza á volta das vacacións de Semana Santa.