Dous libros encima da mesa: "Operación yogur" e "O misterio dos fillos de Lúa" Dúas novas propostas para este mes de Decembro e novos membros que se incorporan ao Club de Lectura. Eleximos o libro, colocamos a pegatina no caderno de anotacións, e preparados, listos, xa...
Esta semana celebramos a última reunión do Club de Lectura, neste curso 2009/2010. O libro escollido foi "La canción de Amina". As responsables do Club preparamos unha ambientación especial na biblioteca relacionada co lugar onde se desenvolve a novela, unha tribo marroquí. Despois dos comentarios e posta en común, vimos un documental sobre a forma de vida e os costumes destas tribos do deserto e bailamos ao son da súa música. Foi moi divertido. Rematamos cunha merenda.
"La canción de Amina" escrito por Heuck Sigrid é o próximo libro do noso club de lectura. Amina é a filla dun poderoso xeque árabe. O que máis desexa é aprender a montar a cabalo, pero no seu pobo non está permitido que as mulleres practiquen a equitación. Un día, Amina coñece a Tarik, que lle ensina a montar e as cousas empezarán a cambiar...
A nosa primeira lectura, como membros do club RAIOLECTORES, foi "Palabras de Caramelo", escrito por Gonzalo Moure, que en agradecemento enviounos esta mensaxe. Para nós foi un precioso agasallo: "Qué puedo deciros... En mi nombre, gracias. En nombre de Kori, de todos los niños saharauis: es emocionante compartir la vida a través de ese mecanismo mágico que se llama libro. Soy porque me leéis, soy en vuestro corazón. Por eso, cada vez que abrís el libro, mi corazón vuelve a latir. Y Caramelo no dicta solo las poesías que hay en el libro: a cada uno de vosotros os dicta una, solo para ti. Algún día compartiremos algo, seguro. Un viaje, otro libro, un sueño. Y, si puedo, os enviaré a Gonzalo, a que os cuente misterios y estrellas de la noche saharaui... " Hasta siempre. Kori y Gonzalo.
O mércores 24 de febreiro inauguramos o noso club de lectura. Somos dous grupos: un formado por alumn@s de 5º curso e coordinado por Isabel Galán, e outro por alumn@s de 6º curso, coordinado por Encarna. A nosa primeira lectura é: "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure. Teremos unha xuntanza cada 15 días, na Hora de Ler. As xuntanzas serán na biblioteca, na zona de lectura informal. O nome que entre tod@s eliximos para o noso club é: RAIOLECTORES. Con ese mesmo nome crearemos o blog do club de lectura. Ao acto de inauguración asistiu o noso bibliotecario favorito, Alejandro, que nos dixo cousas moi interesantes. Desde aquí queremos darlle as grazas pola súa colaboración. Agradecer tamén a Mar, mestre no CPI A Baña ,polo préstamo e traslado dos 30 exemplares de "Palabras de caramelo".